Ver toda a web

5 Xuño 2007
1
NOVO CURSO 2007/2008

 

O CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE TORROSO quere lembrar a todos os seus visitantes e usuarios que xa comezou o novo curso en calqueira das modalidades que ofrecemos.

Lembrade que aínda vos podedes anotar para cursar calqueira dos seguintes cursos:

 

¡¡APURATE, NON QUEDES FÓRA!!

Todas estas actividades son posibles grazas á axuda das seguintes organizacións:

Para máis información podes acudir ó correo electrónico: crctorroso@gmail.com ou :

Se prefires ó correo ordinario pódelo facer escribindonos a:

CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE TORROSO

IGREXA S/N

TORROSO - MOS (PO)

Tamén nos podes localizar polo teléfono cos números:

Teléfono: 986.334.248 - 617-474-248

Presidente e portavoz : Camilo Grandal

O webmaster e o CRC Torroso queren agradecer a colaboración na web de todos aqueles interesad@s e tamén, queren pedir a axuda na notificación de alteración de documentos, discordancias, faltas, incoherencias, faltas ó respeto, etc... que se poidan suceder xa sexa por fallo propio ou por usuarios malintencionad@s. Moitas Grazas

Se queredes mandar máis fotos ou algunha suxerencia facedeo a CRCTORROSO@GMAIL.COM . Lembra que o Webmaster nin o CRCTORROSO fanse responsabeis dos comentarios vertidos en TODA a web e que a información contida nela NON é 100% fiabel. Lee INFORMACIÓN LEGAL

Publicado por Webmaster
 

 

1 Setembro 2006
1
ACTUACIONS VERAN

 

Co verán as actuación multiplicanse e resulta moi complicado para este webmaster tan ocupado estar en gran parte delas, polo cal pidese as máis sinceiras disculpas e presentase esta noticia cunhas cantas fotos de actuación variadas así como da excursión da Banda Xuvenil a Aranda de Duero (Castilla y León).

 

Espero que a noticia fose do voso agrada. Se queredes mandar máis fotos ou algunha suxerencia facedeo a CRCTORROSO@GMAIL.COM . Lembra que o Webmaster nin o CRCTORROSO fanse responsabeis dos comentarios vertidos en TODA a web e que a información contida nela NON é 100% fiabel. Lee INFORMACIÓN LEGAL

Publicado por Webmaster
 

 

17 Xuño 2006
1
CERTAME DE BANDAS EN MOS 2006

 

O pasado domingo 21 de maio deuse cita no recinto da "Virxe das escravas da dolorosa" o certame anual de bandas organizado polo excelentísimo concello de Mos. Neste ano deronse cita a Banda de Música de Belesar, a Banda Xuvenil de Música de Torroso e a coral polifónica do concello de Mos.

As fotos cedidas polos asistentes á ceremonia son as seguintes.

Agradecemos o excelentísimo concello de Mos a posta en marcha deste certame ano tras ano así como o diñeiro cedido polos entes correspondentes para a renovación da vestimenta da banda, aínda que, según as palabras de Camilo Grandal "seguen sendo os mesmos deseños pero novos".

BANDA DE BELESAR BANDA BELESARBANDA BELESAR

BANDA BELESARBANDA BELESARBANDA TORROSO

BANDA TORROSOBANDA TORROSOBANDA TORROSO

BANDA TORROSOBANDA TORROSO E CORAL

Espero que a noticia fose do voso agrada. Se queredes mandar máis fotos ou algunha suxerencia facedeo a CRCTORROSO@GMAIL.COM . Lembra que o Webmaster nin o CRCTORROSO fanse responsabeis dos comentarios vertidos en TODA a web e que a información contida nela NON é 100% fiabel. Lee INFORMACIÓN LEGAL

Publicado por Webmaster
 

 

8 maio 2006
1
SEMANA SANTA: ZAMORA 2006

 

Cun pouco de retraso, polo cal pidese disculpas, chega eiquí as fotos da Semana Santa en Zamora coa Banda Xuvenil de Música.

Coa inestimable axuda dos colaboradores da web chegaronnos as fotos estos últimos días e pola cal monto a noticia en mellores condición, xa que, o webmaster non tivo a oportunidade de viaxar xunto coa banda de música a Zamora.RONDALLA DE TORROSO

Como xa aconteceu o ano pasado (Zamora 2005) a Banda de Música foi chamada polos responsabeis da celebración da Semana Santa na cidade histórica para acompañar nas procesións do Xoves e Venres Santo ás imaxes relixiosas coas súas correspondentes cofradías.

O CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE TORROSO XUNTO COA SÚA BANDA DE MÚSICA QUERE AGRADECER Ó CONCELLO DE ZAMORA A SÚA CONFIANZA NELES.

Nas seguintes fotos poderedes observar os distintos momentos da procesión como tamén a parte dos nosos compañeir@s, por exemplo temos a "Gus tuba" (da Turre's Band) que non sabemos se se equivocou de país ou que - Ver foto , tamén está a nosa compañeira e reporteira Teresa Balado que vese chea de ledicia - Ver foto , a Gustavo (da Turre's Band) facendo de fotógrafo - Ver foto entre moitos outros.

FAI CLICK CO RATÓN SOBRE A FOTO PARA AMPLIALA

XOVES SANTO

VENRES SANTO

FOTOS VARIADAS

LEMBRA: as fotos na web están a menor calidade que as orixinais, se as queres en mellor calidade e tamaño faino sabe ó webmaster no correo crctorroso@gmail.com ou podes pedilo no noso foro

O webmaster e o CRC Torroso queren agradecer a colaboración na web de todos aqueles interesad@s e tamén, queren pedir a axuda na notificación de alteración de documentos, discordancias, faltas, incoherencias, faltas ó respeto, etc... que se poidan suceder xa sexa por fallo propio ou por usuarios malintencionad@s. Moitas Grazas

 

Publicado por Webmaster
 

 

28 marzo 2006
2
TROCOS na weB E OFERTAS DE CURSOS

 

A páxina web do CRC Torroso e da Turres Band acaban de ser melloradas en temas de seguridade e acceso, tamén notifícase que o novo e-mail para porse en contacto co webmaster e co centro é crctorroso@gmail.com quedando completamente desactivados os anteriores, así que trocade a antiga dirección por esta. O webmaster ofrece invitacións de conta de correo GMAIL (recorda que é gratuito e deixache moito máis espazo q outros, 2,7 gigabytes e subindo), para ilo terás que enviar a túa petición a crctorroso@gmail.com .RONDALLA DE TORROSO

Estase melloreando o Noticieiro e retocouse a INFORMACIÓN LEGAL que é moi importante leelo antes de interpretar nada desta web. Grazas.

O Centro Recreativo Cultural de Torroso lembra a súa disposición de cursos durante o ano e no periodo estival:

 

CURSOS
  • Escola de música oficial - Primeiro Grao
  • Clases de música para maiores de 25 anos (sen limite de idade)
  • Tai-Chi (relaxación e concentración)
  • Aerobic (mantemento e mellora)
  • Solfeo
  • Obradoiros eventuais
  • Posibilidade de ofertar a partires da petición popular
BANDAS
  • Banda Xuvenil de Música de Torroso : música tradicional, clásica e moderna baixo a batuta de Ángeles Lorenzo.
  • The Turre's Band : todo tipo de música con acentuado toque de ská, reggae e jazz. Moi festeiros. Instrumentos de vento-metal.
  • Pandereteiras Sobreira : xoves pandereteiras cun amplo repertorio tradicional e innovador.
  • Grupo de Baile Galego Xuvenil : xoves rapaces interpretes da danza galega
  • Grupo de Gaitas de Torroso : expertos gaiteiros que sós ou acompañados (coas pandereteiras) fan as delicias dos oíntes. (Grupo Ruada: Pandereteiras + Baile galego + gaitas)
  • "Mini" Banda : proxecto de rapaces e rapazas moi novos iniciados na música de banda
  • Rondalla de Torroso : unha vez ó ano toman os seus instrumentos para deixar o mellor nas rúas.

Para máis información podes acudir ó correo electrónico: crctorroso@gmail.com ou :

Se prefires ó correo ordinario pódelo facer escribindonos a:

CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE TORROSO

IGREXA S/N

TORROSO - MOS (PO)

Tamén nos podes localizar polo teléfono cos números:

Teléfono: 986.334.248 - 617-474-248

Presidente e portavoz : Camilo Grandal

O webmaster e o CRC Torroso queren agradecer a colaboración na web de todos aqueles interesad@s e tamén, queren pedir a axuda na notificación de alteración de documentos, discordancias, faltas, incoherencias, faltas ó respeto, etc... que se poidan suceder xa sexa por fallo propio ou por usuarios malintencionad@s. Moitas Grazas

 

Publicado por Webmaster
 

15 Febreiro 2006
3
RONDALLA 2005: CEA

 

¡¡XA ESTÁN TODAS AS FOTOS!!

Eiquí quedan as fotos sobre a celebración da cea da rondalla 2005 no restaurante "No outro mundo do Tea".

 

RONDALLA DE TORROSO

Espero que as disfrutedes e que aceptedes as miñas máis sinceras disculpas pola tardanza.

Lembrar a todo aquel@ que queira as fotos nun tamaño máis grande e mellor calidade (coas que foron sacadas) pode pedilas ó webmaster ás direccións: crctorroso@gmail.com ou crctorroso@gmail.com ; aínda que se teño espazo e tempo deixarei un arquivo comprimido (.zip ou .rar) con case todalas fotos.

Agradecer a Adrián Balado por axudarme tan ben coa labor de reporteiro gráfico, ;-) .

 

 

 

CASE TODOS XUNTOSRISITASRONDALLA DE TORROSO

O DIRECTOR

UN XOVE COMPOÑENTE DA RONDALLA E O WEBMASTER

O DIRECTOR

Non están todalas fotos que saquei, se creedes ou recordades que saquei algunha en especial, que por casualidade falte, avisademe e vola mando; a causa é que o espacio web ("hosting") é reducido e pouco a pouco vaise esgotando. Xa sabedes as direccións:

crctorroso@gmail.com ou crctorroso@gmail.com

Outra nota máis: debido o volume de imaxes a procesar, estas foron escaladas, recortadas e axustadas automáticamente cun programa de edición fotográfica, se vedes que algunha está mál recortada, que non aparece algunha persoa ou calquera problema, POR FAVOR AVISADE. Grazas.

 

Publicado por Webmaster Colaboración especial de "TEREFLAUTIK"
 

10 Febreiro 2006
4
RONDALLA 2005: ACTUACIÓNS II

 

Tras unhas cantas semás de inactividade na web, por imposibilidade do webmaster, chega a noticia coas fotos das últimas actuacións da rondalla (no comezo de ano) e todo o que foi a cea da rondalla no magnífico restaurante-discoteca "No outro munodo do tea" (esta na noticia superior--en produccion).

Comezando coas últimas actuacións da rondalla, situamonos na localidade de Mos na parroquia de Petelos. A rondalla desfilou dende a igrexa de Petelos ata as instalacións deportivas da piscina municipal. Entre outras rondallas como foron as de Santa Eulalia de Mos (parroquia) e de Abrente, fixose notar a rondalla de Torroso actuando ante o público presente en segunda posición.

RONDALLA DE TORROSO

Nas fotos a continuación pódese observar a cabalgata con cal este ano participou no xá típico concurso de cabalgatas de Mos.

Cabe destacar a gran presencia de público a pesares do frío que facía.

A rondalla do CRC. Torroso, coa súa totalidade de membros, quere agradecer ó concello de Mos pola axuda e colaboración ofrecida para a conservación das rondallas así como do concurso, que nunca antes se fixera tal.

Como agradecemento, novamente a nosa compañeira Teresa Balado (a cal veredes vestida de "MAMA NOEL" e que lle quedaba moi ben) , a cal de non ser por ela non poderia publicar esta noticia gracias as fotos que aquí tedes. Un saúdo e mil grazas pola súa labor.

 

CASE TODOS XUNTOSRISITASRONDALLA DE TORROSO

A NOSA COMPAÑEIRA TERESA BALADO ANIMANDO A FESTARONDALLA TORROSOCARROZA TORROSO

No día de Reis as actuación continuaron en Redondela, as 11 da mañá aproximadamente, entre unha gran cantidade de xente. Cabe destacar que este ano, ante a masiva participación de xente na rondalla de Torroso, o patio do concello quedouse pequeno para situar á rondalla polo cal costou un pouco acomodarse para actuar.

Despois de Redondela percorreron uns cantos quilómetros ata Gondomar, onde o tan popular concurso de rondallas desta vila, recibiu gratamente a todolos compoñentes da nosa rondalla.

No domingo 8 de Xaneiro a rondalla participou no concuros de O Porriño onde se daban cita variedade de agrupación Santa Eulalia, Abrente, Bembrive, as propias do pobo, entre outras. Aqui tedes as fotos:


A rondalla do CRC. Torroso, coa súa totalidade de membros, quere agradecer ó concello de O Porriño, Gondomar, Redondela e demais pola incentivación das rondallas ano tras ano e por contares coa rondalla de Torroso.

 

Publicado por Webmaster Colaboración especial de "TEREFLAUTIK"
 

2 xaneiro 2006
5
RONDALLA 2005: ACTUACIÓNS i

A rondalla de Torroso 2005 comezou os seus ensaios a principio de outubro, este ano, composta duns 90 compoñentes e baixo a batuta do mesmo director que o ano pasado, Iván Rey; cunha media de idade baixa, esta rondalla caracterízase pola súa recente aparición e a elevada participación da mocidade.

Neste nadal a rondalla de Torroso estrenouse nas rúas do Calvario e Príncipe, en Vigo, o día 16 de decembro; a semá seguinte e no día de nadal desplazouse ata Torroso para acompañar, en pasarrúas e concerto, a ceremonia relixiosa da mañá.

 

RONDALLA DE TORROSO

No 31 desfilou polas rúas de Mos, nas parroquias de Petelos e Tameiga, nas que pasou pola capela e o recinto da Virxe das escravas da dolorosoa (Petelos)e na urbanización San Eleuterio (Tameiga). O primeiro de ano voltou a Vigo para participar no XXV concurso de rondallas no pabellón de deportes das Travesas, as 6 da tarde comezou o seu desfile dende o parque de Castrelos ata o pabellón, onde, a pesar dos disturbios producidos pola falta de organización, puido entrar e deleitar a todo o público presente con 11 minutos de suave e armonioza actuación; como todolos anos o pabellón das Travesas volveu a quedar pequeno ante tanto público e o seu aplauzo moi cordial e caluroso.

As restantes actuacións serán os vindeiros días, víspera e día de Reis en Mos e Redondela respectivamente (Véase a axenda no lateral ezquerdo)

Como agradecemento, novamente a nosa compañeira Teresa Balado, a cal de non ser por ela non poderia publicar esta noticia gracias as fotos que aquí tedes. Un saúdo.

Ensaios:

CASE TODOS XUNTOSRISITAS

Actuacións:

NA CEATERESA BALADO ACOMPAÑADA

DE MARCHAOS "GOLFOS" DA TURRES

 

Publicado por Webmaster Colaboración especial de "TEREFLAUTIK"
 

8 outubro 2005
6
SANTA CECILIA 2005

Durante os días 19 e 20 de novembro, o CRC Torroso levou a cabo a celebración do día de Santa Cecilia, como todolos anos.

Según os participantes nas diversas actuacións, levadas a cabo durante o sábado 19, a presencia de público foi inmensa, e así testemuñaron que:

"o centro quedouse pequeno ante tanta xente, foi estupendo"

A pesares do maravilloso da xornada o webmaster non se puido presentar por causas alleas e non puido tomar instantáneas do momento, e tampouco puido cubrir na súa totalidade a noticia. Espero que algúns dos participantes poida ofrecernos máis información e algunha foto, como fixo a nosa compañeira Teresa Balado ("tereflautik") que enviou fotos da cea de santa Cecilia onde acudiron os integrantes do CRC Torroso.

CRC TORROSO

Na celebración deste día, os integrantes das diversas agrupacións do centro, celebran conxuntamente unha cea, merecida tralo esforzo feito durante o ano en cada actuación.

 

 

En baixo destas liñas quedan as fotos enviadas por Teresa Balado , a quen lle agradezo moito a súa colaboración.

 

 

CASE TODOS XUNTOSRISITASAS MOZIÑAS DA BANDA

NA CEATERESA BALADO ACOMPAÑADADE MARCHA

OS "GOLFOS" DA TURRES

 

Publicado por Webmaster Colaboración especial de "TEREFLAUTIK"
 
8 outubro 2005
7

MENCIÓN DE HONRA V no certame de bandas

O día 7 de Outubro (onte), a banda Xuvenil de Música de Torroso participou no V certame de bandas de Pontevedra onde conseguir a MENCIÓN DE HONRA.

A banda Xuvenil acadara, o ano anterior, o segundo posto no que deu todo de sí. Este ano, e novamente na terceira categoría, preparou con moito esmero a pasaxe "Infernus" da Divina Comedia, que superon plasmar perfectamente (agás algún erro) na hora da actuación diante do xurado do certame.

BANDA DE MÚSICA

A pesares de que a actuación da Banda Xuvenil de Torroso fíxose esperar ata, aproximadamente, as once e media da noite (último participante), a súa interpretación do "Infernus" fixo tremer á sala de concertos e ambientou estupendamente a sala na cárcere e o traxecto tenebroso que redacta a melodía. Primordial foi a actuación dunha "novata" (agarimosamente) que debutou por primeira vez neste certame e fixo as delicias dos oíntes co seu só de vento; o seu nerviosismo (como o de calquera) fixolle errar na entrada da súa interpretación do seu só pero moito máis magnífico, que a propia interpretación, foi o seu temple e a espléndida corrección do seu erro. Podedes ver a tan formidable interprete na seguinte foto, onde se sitúa a ezquerda cun magnífico e emocionado sorriso: VER FOTO

Como era de supoñer, e xa despois da celebración do ano pasado co segundo posto, os compoñente da banda, presidente do centro e demais (webmaster e compañía inclusive), saíron á rúa a celebrar por todo o alto o seu merecido premio. A DIRECTORA, ÁNGELES LORENZO, PORTANDO A PANCARTA DE ÁNIMO Á BANDA

 

Cos seus instrumentos e coa ledicia de outras bandas, fixeron un improvisado concerto ante a sede do Pazo de Cultura de Pontevedra. Máis tarde prolongaron a súa celebración polas rúas de O Porriño, onde seguro, remataron moi tarde, e continuarán durante todo o fin de semá.

Por último citar a asistencia dun grupo de incondicionais, moitos deles compoñentes da "Mini Banda", que animaron coa súa particular pancarta á Banda. Agradecer, por parte do CRC Torroso o apoio, único e exclusivo, que deu á banda o Excelentísimo Concello de Mos, na persoa dos edís de cultura do BNG-PSOE.

FOTOS DA CELEBRACIÓN E O EVENTO:

"Banda completa" - "A raíña da velada (na ezquerda)" - "Abrazos e bicos" - "Abrazos e bicos 2" - "Abrazos e bicos 3" - "Celebración" - "Celebración 2" -"Celebración 3" - "Celebración 4" - "Actuación en plena rúa con outra banda" - "Parte da Turres en acción"

Nota: falta unhas cantas fotos que por falta de luz e/ou por demasiado movemento non saíron nada ben, entre elas un do webmaster, síntoo. Recibimos calqueira foto en crctorroso@gmail.com

Publicado por Webmaster
 

3 outubro 2005
8
ENSAIOS RONDALLA 2005

O DIRECTOR da Rondalla do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, Iván Rey Grandal, comunica a tod@s @s interesad@s que a partires do SÁBADO 1 DE OUTUBRO comezan os ensaios da rondalla, o lugar de ensaio será o mesmo centro recreativo e a hora a partires das 8:30 da tarde.

Os ensaios prolongaranse todolos sábados, salvo excepcións que serán notificadas con antelación, ata a chegada do Nadal. Os instrumentos serán proporcionados polo CRC. Torroso ó igual que parte da vestimenta. Non fai falla ter coñecemento en ningún tipo de instrumento ou de música.

A asistencia a este grupo NON CONLEVA NINGÚN TIPO DE CUSTO ECONÓMICO por parte do interesad@.

O CRC. Torroso agradeceravos a vosa participación así como animavos a participares.

Un saúdo.


Publicado por Webmaster
 

30 setembro 2005
9
I CONCURSO CRCTORROSO.TK E TURRESBAND.TK

CONCURSO MUSICAL NA WEB

Co galo da recente publicación das novas webs de MOS-TORROSO: CRCTORROSO.TK e TURRESBAND.TK. O webmaster presenta un concurso no que calqueira pode participar.

OBXETIVOS: o que se require é compoñer unha música para as dúas web, que sexan a banda sonora destas e que soará durante toda a visita pola páxina.

CONDICIÓNS: a sintonía deberá ser maioritariamente instrumental, aínda que podese engadir algún sample vocal coa dirección das webs, é dicir, poderán conter unha voz que diga CRCTORROSO.TK ou TURRESBAND.TK no seu respectivo lugar.

A extensión da música poderá ser como moito 1 minuto, pero o aconsellable é 30 ou 45 segundos (para evitar exceso de carga na web).

A sintonía poderá estar en calqueira formato: .ogg, .mp3, .wav (preferiblemente non) ou similar. Non aconsellamos o envio da melodía por email en formato .wav, xa que pode resultar moi grande o arquivo. Posteriormente acondicionarase para colocar na web.

Deberá ser representativa (máis ou menos)de cada páxina, por exemplo, para a páxina da Turre's Band, unha melodía cun ritmo ská, reggae, ou atrevido en xeral. Ó mesmo, buscar rexistros (instrumentos) acordes con cada unha.

Calquera interesad@ pode participar.

GRATIFICACIÓN: Aínda está pendente a gratificación final (unha camiseta, ou unha gorra, ou un chaveiro,... exclusivos da web) pero o que sí está fixo é a notificación na web do creador, tanto no noticieiro, como no foro e na páxina principal da web, dando a coñecer os datos que o concursante nos deixe. A melodía será identificada co nome do seu creador. Tamén recibirás 4 INVITACIÓNS DE GMAIL PARA AS CONTAS QUE TI QUEIRAS

PARTICIPACIÓN: En breve colocaráse máis información na páxina principal das distintas webs: TURRE'S BAND e CRC. TORROSO de como enviar as melodías.
Mentres tanto podes enviar as túas composicións ás seguintes direccións: crctorroso@gmail.com ou crctorroso@gmail.com, deixando o teu nome (se queres ou senón un nick ou apodo) e indicando de ónde eres (país-->provincia-->pobo) e se tés algún contacto co CRCTorroso. Se queres podes grabar a túa composición nun CD ou Diskette (se cabe) e deixalo no CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE TORROSO se che queda cerca ou pasas por alí a menudo, para ilo pon no CD ou diskette : "CONCURSO MUSICAL NA WEB"e deixao na secretaría do centro, o webmaster recollerao o antes posible.

REMATE: Tampouco hai data fixa de remate, por agora, sen embargo extenderemos a participación ata o 31 de decembro, deste ano claramente , nun principio.

Un saúdo e gracias por participar.

NOTA: os premios materiais de promoción que se poidan otorgar son exclusivos da web, e non se encontran no CRC Torroso, polo cal para calqueira cuestión sobre eles entra en contacto co WEBMASTER


Publicado por Webmaster
 



Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.