Publicación da web

BANDA XUVENIL DE MÚSICA

 

BENVIDO Á PAXINA WEB OFICIAL DA BANDA XUVENIL DE MÚSICA DE TORROSO

A banda de música está formada por uns 50 compoñentes, dos cales a inmensa maioría teñen idades comprendidas entre 8 e 25, exceptuando moi poucos deles. A maioría tiñan nocións básicas de solfeo no seu comezo e que reforzaron neste centro e que agora contan cunha experiencia máis que notable en compresión musical, a pesar claro está, das continuas adquisicións que se van formando pouco a pouco na música.

O CENTRO RECREATIVO CULTURAL DE TORROSO foi quen os viu crecer á maioría deles e os formou dende moi novos, como actualmente continúa facendo con nenos de todalas idades. Neste centro foi ónde, dende os comezos, estes musicos reunironse continuamente para ensaiar os máis tradicionais "pasodobles españois", pasando pola música propia galega (muiñeiras e antoloxías propias da terra), ata á música máis moderna, entre a que destaca Bandas Sonoras Orixinais de películas como pode ser o caso de James Bond ou Robin Hood. O que queda absolutamente claro é que están preparados para interpretar co maior brío posible pezas de calquera ritmo e co maior grao de beleza.

Como comentábamos máis arriba, siguense preparando todo tipo de rapaces na música, e xa empezan a destacar notablemente as novas adquisición, rapaces e rapazas con idades inferiores ós 16 anos, que guiados e apoiados por algún que outro compoñente da Banda Xuvenil, xa formaron unha nova banda, a cal cariñosamente nomease a "Mini Banda". Prometen un futuro brillante.

 

 

Publicado por Webmaster

5 maio 2005

C.R.C. TORROSO: VII CERTAME DE BANDAS

 

 

O C.R.C. TORROSO quere agradecer a magnífica colaboración do concello de Mos e a súa excelentísima alcalde pola colaboración e motivación neste acto xa que son os únicos colaboradores de este evento. Gracias.

O Domingo 8 de Maio o C.R.C. Torroso celebrous o VII CENTRAME DE BANDAS DE MÚSICA.

As distinas actuacións comezaron a partires das 17:30 no xa popular Colexio das ESCRAVAS DA VIRXE DA DOLOROSA, en Petelos (Mos). Como todolos anos, o certame contou cunha gran asistencia de público de todalas idades e cun espiritu amistoso envidiable entre os compoñentes das distintas bandas.

 

CERTAME DE BANDAS MOS

As bandas invitadas de este ano foron a Banda Escola de Música de Beade e a Banda de Música de Xinzo de Ponteareas, conxuntamente actuaron coa anfitriona a Banda de Música Xuvenil de Torroso. As interpretación foron espléndidas destacando obras como "Invictus" de Philip Sparke, caracterizada por ser unha obra de alta dificultade e gran maestría, interpretada nesta ocasión pola banda de Beade; por outra banda a obra "Moment for Morricone", interpretada pola Banda de Música de Xinzo, deu o seu máximo esplendor. A banda de Torroso destacou por interpretar a obra "Ascensión (1º e 3º movemento da Divina Comedia) que tan maxestuosamente interpretou lembrando así a actuación que lles levou, coa mesma obra, ó segundo posto no Certame de Bandas de Pontevedra.

 

A lista de interpretacións foi a seguinte:

BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE BANDA DE MÚSICA DE XINZO DE PONTEAREAS BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO
GODSPEED de Stephean Melillo LA PRIMITIVA de Jef Penders GOYA (pasodobre) de Julián Palanca

IL CONVENGO de A. Ponchielli

(Divertimento para dous clarinetes)

MOMENT FOR MORRICONE de Morricone INFERNO de Robert W. Smith
INVICTUS de Philip Sparke MOSAICO LÍRICO de Arranxo: F. Grau ASCENSIÓN de (1º e 3º movemento da Divina Comedia)
CATS de Andreu Lloyd XINZO de J.L. Represas

MAR I BEL de Ferrer Ferrán

(malangueña para trompeta e banda)

 

A clasificación honorífica do VII CERTAME DE BANDAS DE MÚSICA DE MOS foi o seguinte:

1ª- BANDA DE MÚSICA DE XINZO DE PONTEAREAS

2ª- BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE

3ª- BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO

 

Para rematar aqui expomos unhas cantas fotos do evento: pincha no link para ver a fotografía:

Certame Bandas Mos 01 -- Certame Bandas Mos 02 -- Certame Bandas Mos 03 -- Certame Bandas Mos 04 -- Certame Bandas Mos 05

 

 

Publicado por: "tereflautik"

15 abril 2004

BANDA DE MUSICA : ZAMORA

 

Como moitos xa saberedes a páxina tivo problemas durante as últimas semás, non só iso, tamén o ordenador no que a administro estivo inactivo durante uns cantos días. A todos aqueles que esperaron a noticia e as fotos con ansiedade as miñas máis sinceras disculpas; pero recordade que para que este proxecto siga adiante necesito a vosa axuda, entrada na web, mensaxes no foro, noticias recomendadas, etc... . Agradezo a colaboración nesta noticia de tereflautik (Teresa Balado) polas súas fotos e os seus comentarios, xa que o webmaster non puido ir a esta actuación. BANDA DE MUSICA EN ZAMORA

 

"Co galo da Semana Santa, a Banda Xuvenil de Música de Torroso foi contratada polo excelentísimo concello de Zamora para amenizar, xunto cunhas cinco bandas máis, as distintas procesións do Xoves e Venres Santo.

O importante da actuación foi gardala máxima compostura e respeto, así coma a perfecta sincronización entre a marcha e a música; neste aspecto a Banda demostrou a súa seriedade xunto unha moi espléndida actuación. Cabe recordar que as dúas actuacións foron bastante duras e esgotadoras; o Xoves Santo chegaron pola mañanciña ata a cidade de Zamora onde só tiveron tempo para acomodarse e xantar, a actuación empezou ás 4 da tarde e prolongouse ata as 9 e media. O seu descanso foi escaso xa que ás 5 da mañá comezaban a seguinte actuación, pero iso non foi problema para eles. No Venres Santo comezaron ás 5 da madrugada ata ben entrada a mañá.

O centro e os compoñentes da banda decidiron empregar o diñeiro da actuación en pasar unhas moi breves vacacións ( unha noite e medio día) na cidade de Salamanca; hai que recordar que o Centro Cultural de Torros é unha escola de música sen ánimo de lucro, a súa matrícula é gratuita e as súas subvención veñen directamente do excelentísimo concello de Mos .

En definitiva, os compoñentes da banda, responden que foi unha moi boa experiencia e esperan que se repita. Mostran o seu agradecemento no excelentísimo concello de Zamora por confiar en eles e esperan volver a tan encantador lugar.

Eiquí vos deixo unhas cantas fotos, quedaron de pasarme máis, cando as teñas poñoas. Calquera cousa: no foro ou srltorroso@hotmail.com , crctorroso@hotmail.com.

FOTOS CEDIDAS POR tereflautik (Teresa Balado):

** A banda ó completo ** - ** Parte da banda na praza maior de Salamanca ** - ** Na procesión 1 ** - ** Na procesión 2 ** - ** Na procesión 3 ** - ** Luleilo e Gus subido a unha farola **

 

Publicado por Webmaster

1 febreiro 2004

ACTUACIÓN EN ZAMORA

 

Contratan a Banda de Música para actuar en Zamora.

Durante o mes de febreiro o centro de Torroso recibiu unha petición de actuación por parte do concello da cidade de Zamora. A actuación levarase a cabo durante a celebración litúrxica da Semana Santa entre a actuación de ata catro bandas; actuarán durante a tarde do Xove Santo e a mañá do Venres Santo. Os horarios figuran dende as 4 ata as 9 da tarde durante o día do Xoves Santo e dende as 5 da mañá durante toda a mañá.

BANDA XUVENIL DE MÚSICA

A contratación viu a partir da visita da páxina da deputación galega de bandas, por parte do concello de Zamora, que lle levou ata a páxina do C.R.C. Torroso na cal decidiron o seu obxectivo.Ttras confirmar a noticia, a consellería de cultura da cidade de Zamora confirmou ó webmaster que "Contratamos a la Banda de Música de Torroso después de echar un vistazo a la web, a pesar de estar en gallego..." .

 

Este motivo enchenos de orgullo e de motivación para rematar o antes posible a web, estamos levando a cabo a traducción da web para poder dispor dela o antes posible. Constatar que o rexistro de visitas hacia a web consta dunha importante cantidade de visitas procedentes de latinoamérica ( cunha fiabilidade do 83,7 % debido ó programa de rexistro do webmaster). Por todo isto pedimos a participación de todo aquel compoñente do C.R.C. Torroso para constituír unha mellor web, recordade que este traballo É TOTALMENTE GRATUITO E NON ESTÁ SUBVENCIONADO POR NINGUNHA INSTITUCIÓN.

 

 

Publicado por Webmaster

29 Outubro 2004

INAUGURACIÓN DO FORO WEB DA BANDA XUVENIL DE MÚSICA

A banda ó comezo da súa interpretación

Estamos encantados de presentarche o foro da Banda Xuvenil de Música de Torroso. Nel podrás opinar, facer calquera tipo de comentario ou suxerir o que queiras.

Podes pinchar na imaxe para ir ó foro ou no seguinte link:

* FORO: BANDA XUVENIL DE MUSICA

Se queres podes:

* REXISTRARTE COMO NOVO USUARIO

* CONECTARTE (SE XA ESTÁS REXISTRADO)

* CONSULTALAS F.A.Q. (CUESTIÓNS COMÚNS)

Se tés calqueira tipo de problema co foro ou a páxina podes resolvelo poñendote en contacto co webmaster no e-mail: srltorroso@hotmail.com.

 

 

Publicado por Webmaster

1 Outubro 2004

IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA: 2º POSTO

 

A banda ó comezo da súa interpretación

 

No remate do verán, as bandas da provincia de Pontevedra preparan xa con esmero a súa actuación no certame provincial que acada este ano a súa cuarta edición e que é promovida pola Deputación de Pontevedra. Celébrase no Palacio de Cultura de Pontevedra os días 1, 2 e 3 de outubro, e divídese en 3 categorías máis unha especial.

O 1 de outubro tivo lugar no palacio de cultura de Pontevedra o IV CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA. Neste día procedían as actuacións da 3ª categoría, na que entra a Banda Xuvenil de Música de Torroso. Neste ano mostrábase favorita entre os participantes, xa que principalmente levaban a escena a obra ""THE ASCENCION"" de Robert W. Smith que forma parte do 3º tempo da "Divina Comedia" deste autor. Unha obra cunha alta complexidade interpretativa e que a súa posta en escena conleva un alto cargo de presición e dedicación instrumental.

Podedes escoitar partes desta obra pinchando nos seguintes links, a calidade e baixa e a grabadora con a que foi tomada non percibe moi ben certos timbres; estes samples están codificados en MPEG-LAYER II (arquivo mp3) e someteronse a unha normalización de son, limpeza de ruídos e filtrado de frecuencias, aínda así a calidade final é moi baixa. Se tes problemas cos arquivos, por favor faillo saber ó webmaster.

1º MINUTO "THE ASCENCION" -- (PORANSE MÁIS NOS VINDEIROS DÍAS)

Nun ambiente moi competitivo e tras unha xornada chea de nervios o resultado da Banda Xuvenil de Música resultou moi positivo, acadando o segundo posto. No primeiro peldaño do podium situouse a "Banda de Música Municipal de Arbo" cunha actuación espléndida da obra ""Cavaleiros de Santiago"" de José Luis Represas e baixo a dirección do mestre Victor Fernández Nogueiras. Nos terceiro e carto posto os premios foron dobres xa que acadouse unha gran interpretación entre as distintas bandas. As espectativas de seres favoritos deu a súa recompensa, a pesares de que non se acadou o primeiro posto, que os compañeiros de Arbo deixaron moi alto debido a súa calidade artística.

A celebración deste segundo posto viuse reflexada no exterior do recinto, cunha actuación improvisada dos compoñentes da Turre's Band, os cales foron acompañados polos aplausos e festexos dos demáis compoñentes da banda. Aínda que o festexo comezou no interior do Palacio da Cultura entre as distintas celebracións de postos acadados, tivo o seu mallor apoxeo no exterior, acompañados polos seus intrumentos inseparables fixeron gala da súa destreza instrumental interpretando temas festeiros cun toque de humor moi agradable.

Celebración do segundo posto no certame, nas rúas de PontevedraCelebración do segundo posto no certame

Queremos felicitar a "Banda Xuvenil de Música de Torroso" por esta medalla de prata, máis que merecida, e que fai incrementar o seu extraordinario palmarés. ENHORABOA. E a todos aquelas bandas participantes agradecer o seu empeño e o seu bo facer na música.

BANDAS PARTICIPANTES NA SECCIÓN TERCEIRA DO IV CERTAME DE BANDAS PROVINCIAL
NOVA BANDA DE VILATUXE -- MESTRE: JAIME GONZÁLEZ PICHEL
BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA -- MESTRE: FRANCISCO ABAL ROSALES
BANDA XUVENIL DE TORROSO -- MESTRE: ÁNGELES LORENZO ESTEVEZ
BANDA ESCOLA UNIÓN CLUTURAL DE CAMPO LAMEIRO -- MESTRE: DELIO REPRESAS CARRERA
BANDA DE MÚSCA UNIÓN DE GULÁNS -- MESTRE: ALICIA PORTO FERNÁNDEZ
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA -- MESTRE: MANUEL VILLAR TOUCEDA
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO -- MESTRE: VICTOR FERNÁNDEZ NOGUEIRAS
BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO -- MESTRE: JOSÉ FERNÁNDEZ PREGO
ATENEO MUSICAL DE BEMBRIVE -- MESTRE: JAVIER GONZÁLEZ LAMAS
AGRUPACIÓN INVITADA: OSCAR IBÁÑEZ & BNDA FOLK

Aqui deixamos unhas cantas fotos do evento, espero sexan do seu agrado.

ACTUACIÓN: --1-- --2-- --3-- --4-- --5-- --6-- --7-- --8-- --9-- --10-- --11-- --12-- --13--

CELEBRACIÓN: --C1-- --C2-- --C3-- --C4-- --C5-- --C6-- --C7-- --C8-- --C9-- --C10-- --C11-- --C12-- --C13-- --C14-- --C15--

EN EL EXTERIOR DEL RECINTO: --E1-- --E2-- --E3-- --E4-- --E5-- --E6-- --E7-- --E8-- --E9-- --E10-- --E11-- --E12-- --E13-- --E14-- --E15-- --E16--

Se tes fotos do evento, pódelas mandar ó webmaster, poñendote en contacto con él no e-mail: srltorroso@hotmail.com.

 

 

Publicado por Webmaster

14 setembro 2004

BANDA DE MÚSICA: APERTURA CURSO DE MUSICA 04/05 EN SALCEDA

Inauguración do curso de música en Salceda

 

Co galo da apertura do novo curso 2004-2005 no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas a Banda de música participou neste acto inaugural coa compaña en segundo acto coa Banda de Música de Salceda de Caselas.

Nun acto celebrado no auditorio municipal deste concello, a Banda Xuvenil de Torroso foi a primeira en abrir a sesión no que serían 5 interpretacións que por cuestións de duración reducironse a 4, prescindindo da obra Aquarium. Coa presencia de pouco público na sala e co a chegada inminente do certame de bandas o próximo 1 de outubro en Pontevedra, esta foi unha xornada de "ensaio" para a banda, na que notabase un certo ambiente de calma.

Cabe destacar a obra "Ascención (da Divinia Comedia)", coa cal a Banda Xuvenil de Música de Torroso pretende participar no certame de bandas en terceira categoría, e que presenta a incorporación de novos instrumentos adquiridos polo Centro Recreativo Cultural de Torroso como son o órgano electrónico e as campás tubulares; cos cales o tema interpretado colle unha maior maestría e garbo.

A actuación viu marcada por unha nota humorística, no momento en que a Banda de Música de Torroso interpretaba o Ponte Romano a luz desvaneceuce en dúas ocasións e os músicos deron gala da interpretación musical "a escuras".

O guión das dúas bandas foi o seguinte:

BANDA XUVENIL DE MÚSICA DE TORROSO

* GOYA

* ANAQUIÑOS DA TERRA

* ASCENSIÓN 3ª PARTE (DIVINA COMEDIA)

* PONTE ROMANO

 

 

Publicado por Webmaster

11 setembro 2004

BANDA DE MÚSICA: FESTAS DO LIBRAMENTO (PEREIRAS)

Festas do libramento 04

 

A Banda Xuvenil de Música actuou o luns 13 de setembro no torreiro de festas de Pereiras, amenizando a celebración relixiosa na honra da Virxe do Libramento.

Unha festa destacada polas actuación do grupo arxentino "CHICANOS DEL SUR" e "MISSIEGO" o segundo e terceiro día respectivamente, e unhas orquestas que fixeron desta festa un marco incomparable en Pereiras.

A partir do mediodía a banda xuvenil de música acompañou a ceremonia maior; rematada esta deleitou ó seu público cun concerto, neste mesmo torreiro, otorgando a súa maxestuosidade a tódolos presentes.

Cabe destacar que a banda non constaba ó completo debido a que era un luns o cal provoca que moitas baixas se deban a cuestións de traballo e estudos.

Dende eiquí querese agradecer á comisión de festas da Virxe do Libramento de Pereiras por contar coa Banda Xuvenil de Torroso.

Aqui quedan unhas cantas fotos da actuación:

Libramento 1 - Libramento 2 - Libramento 3 - Libramento 4 - Libramento 5 - Libramento 6

 

 

Publicado por Webmaster

10 setembro 2004

BANDA DE MÚSICA: FESTAS DOS CABALEIROS (CABALEIROS)

Non hai imaxes por agora

 

A Banda Xuvenil de Música actuou o domingo 12 de setembro en Cabaleiros co motivo da festa dos Cabaleiros.

Ante unha festa de importante consideración en Mos, despois da de San Eleuterio (Tameiga), nesta podemos atopar tamén unha aflucencia de xente moi alta e un plantel de orquestas dignas das mellores festas. A pesar da súa "difícil" localización, pódese alcanzar o recinto de festas a partir da carretera provincial Porriño-Redondela a altura da incorporación hacia Mos, que existe a uns 4-5 km despois de saír de O Porriño dirección Redondela e logo basta guiarse polo alumbrado.

Como noutras a banda ofreceu o seu acompañamento na misa maior do domingo, así como o acompañamento na procesión. Acompañando logo ós alí presente na hora do bermú, cun concerto que otorgaron co seu maior esplendor.

 

Esperamos por imaxes cando as teñamos. Disculpen

Publicado por Webmaster

13 xuño 2004

BANDA DE MÚSICA: FESTAS DO ROSARIO (PETELOS)


Non hai imaxes por agora

A Banda Xuvenil de Música desplazouse ata Petelos o pasado dia 13 xuño para amenizar a festa maior desta parroquia do municipio pontevedres de Mos, A festa do ROSARIO. ...

Esta parroquia esta sitiada entre o tránsito da autovia Porriño-Vigo, entre as parroquias, do mesmo municipio, Sanguiñeda e Tameiga. Nela encadrase a CASA CONSISTORIAL de Mos, así como os xulgados e a policia local. Actualmente é o lugar de Mos máis localizado, xa que o tránsito da autovía Porriño-Vigo pasa pola mesma metade desta parroquia.

Despois das festas na honra de San Euleuterio, a do Rosario son as máis pretas á autovía e por elo máis chamativas, xa que se pode contemplar todo o recinto dende esta e polo cal ten unha fácil localización. Non é unha festa de gran presuposto, pero a fama do seu santo fai delas unha das máis devotas, despois de San Eleuterio en Sanguiñeda, en Mos.

 

Esperamos por imaxes cando as teñamos. Disculpen

 

Publicado por Webmaster

6 xuño 2004

BANDA DE MÚSICA: SANTA MARIA DE SANGUIÑEDA

SANTA MARIA DE SANGUIÑEDA

 

En Sanguiñeda celebrouse a festa da empanada. Coas actuacións da Banda Xuvenil de música de Torroso e as corais polifónicas "VOCES DA LOURIÑA" de O Porriño, "Ventos do val" de Petelos e "Santa Eulalia de Mos" as cales compartiron escenario na discoteca Queen.

Tamén celebrouse ó unísono o centenario do nomeamento desta parroquia, sen duda unha das máis novas de todo o val da Louriña.

O acto tivo lugar no lindes da discoteca Queen en Sanguiñeda; pola mañá a celebración empezou coa degustación de todo tipo de empanadas e o concurso da mellor empanada, unha festa xa típica da zona, sobre todo impulsada pola gran fama que ten este producto así como o pan no pobo veciño de O Porriño, un dos mellores pobos na elaboración de todo tipo de pan, e que se extende a esta parroquia mosense debido a súa proximidade. Durante a tarde o acto trasladouse ó interior da discoteca para utilizalo de sala de concertos.

O programa foi o seguinte:

CORAL POLIFÓNICA "VOCES DA LOURIÑA" DE "O PORRIÑO"dirixe: Rebeca Sestelo

* LELA de Alfonso R. Castelao, Rosendo Mato

* JARDÍN DE ENSUEÑO de F. Rey Rivero

* EL PEREGRINO, Habanera

* EL DIA QUE ME QUIERAS, Tango

* PUPURRI GALLEGO, Populares Galegos

Coral polifónica "Ventos do Val" de Petelos

* ¡NON TARDES TOM!

* EL MAR ESTÁ EN CALMA

* CANTIGAS NOSAS

* EL ABANICO

* FLORES DO ROMEU

Coral polifónica "Santa Eulalia" de Mos

* LA VALENTINA

* ¡AI! LINDA AMIGA

* EN LOS SURCOS DEL AMOR

* O VOSO GALO COMADRE

* ALMA LLANERA

2ª PARTE

BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO,

dirixe: Mª Anxeles Lorenzo

* GOYA, Julián Palanca

* EL SITIO EN ZARAGOZA, J. Martín Domingo

* LA MÁSCARA DEL ZORRO, Arr.: John Moss

* ZORAYA, Cándido Flores

3ª PARTE

CORAL POLIFÓNICA VOCES DA LOURIÑA

CORAL POLIFÓNICA VENTOS DO VAL

CORAL POLIFÓNICA SANTA EULALIA

BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO

Dirixe: Mª Anxeles Lorenzo

Interpretan: "" HIMNO GALEGO ""

 

 


29 maio 2004

BANDA DE MÚSICA: CORPUS EN O GROVE

Clic eiquí para imaxe máis grande

 

A Banda Xuvenil de Música volveu a actuar en O Grove, esta vez co motivo da celebración do Corpus Cristi. Anteriormente actuou na Semana Santa de O Grove.

Nunha xornada marcada por as altas temperaturas a Banda amenizou a procesión e ceremonia do Corpus nesta vila pontevedresa........

 

Esperamos por imaxes cando as teñamos. Disculpen

Publicado por Webmaster

16 maio 2004

BANDA DE MÚSICA: DÍA DA ROSA

Día da ROSA en Mos

 

No mes de xuño o concello de MOS celebra o seu festivo local adicado á Rosa, esta flor tan coñecida que expresa moitos sentimentos e a beleza da natureza.

No recinto da Virxe das Escravas da Dolorosa a Banda Xuvenil de Música adicou unhas estupendas pezas para celebrar este día tan emblemático en MOS.

 

 

SABER MÁIS SOBRE O DÍA DA ROSA....

Esperamos por imaxes cando as teñamos. Disculpen

Publicado por Webmaster

7 maio 2004

VI CERTAME DE BANDAS DE MUSICA



VI CERTAME DE BANDAS DE MUSICA

 

O 25 de abril as 17:30 horas deronse cita no colexio da Virxe das Escravas da Dolorosa as bandas de música de Bembrive, O Rosal e Torroso co galo do certame anual que celebra o concello de Mos e que nesta ocasión chegaba a súa sexta edición. .....

Como xa é costume, o certamen tomou feito no colexio da Virxe das Escravas da Dolorosa, onde ano tras ano, as monxas residentes mostrannos a súa grata hospitalidade, así como o agradecemento por parte da xente local.

Este certame lévase a cabo nunhas catro horas, onde a xente pode disfrutar de todo tipo de pezas instrumentais, nas que nunca falta a referencia ó noso país como o sempre tan admirado Himno Galego e música tradicional.

O plantel que hubo neste ano foi o que se detalla a continuación, a pesar de que un cambio de última hora fixo cambiar a interpretación de "O CAMIÑO DE SANTIAGO de J.G. Gómez Deval" por unha peza galega de recoñecido interese, debido á falta de certos músicos percusionistas.

PROGRAMACIÓN 2004:

1. BANDA DE MÚSICA ATENEO DE BEMBRIVE

* INMA ALAMA de X. L. Represas

* NOSTRADAMUS de Otto M. Schwartz

* GULLIVER´S TRAVELS de Bert Appermont

*NOITES DE LÚA NA PRAIA de X. L. Represas e Ernesto Campos

2. BANDA DE MÚSICA DO ROSAL

* AIRES DE ESPAÑA (pasodobre) de Idilio Costa

* CARNAVAL DE VENECIA de Juan Bautista

* VASA de José Suñer Oriola

* O CAMIÑO DE SANTIAGO de J. G. Gómez Vedal

2. BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE TORROSO

* FINA BLASCO (pasodobre) de Rafael Taléns Pello

* AQUARIUM (OPUS 5) de Johan e Meij

* PONTE ROMANO de Jan Van der Roost

 

 

Publicado por Webmaster