Ver toda a web

20 xuño 2005
 

ANIVERSARIO CRCTORROSO.TK

Esta web, CRCTORROSO.TK, acaba de cumprir un ano.

Tras días de intriga aquí está a sorpresa un novo, COMPLETAMENTE NOVO, sitio web que pouco a pouco irase rematando, e que celebra así o PRIMER ANIVERSARIO desta web en Internet. ¿Qué vos parece?

Como podedes observar aqui tedes o novo aspecto da web e todolos seus complementos.

A pesares de que esta web foi publicada, xa hai máis dun ano, a verdade é que non foi casi totalmente rematada ata o día 20 de xuño do 2004. Agora, un ano despois, podemos presumir dun novo estilo. A páxina foi reeditada completamente, cambiouselle tanto o seu estilo visual como o interno; hai que destacar que agora consta de "frames" que non son máis que pequenas páxinas unidas nunha mesma, para vela ben recomendase ter calquera navegador moderno (non máis de 5 anos atrás).

Decidin crear un novo apartado chamado NOTICIEIRO, no que podemos (todos) publicar comentarios sobre as noticias que os administradores vaian pondo, ¡¡SÍ!!, administradores, porque dende agora no apartado Noticieiro, podrán administralo máis xente, para ilo escollín a YDNAA, TEREFLAUTIK e TONYTORACING, que espero poidan colaborar. As noticias publicadas poden ser de calquera índole ó igual que os comentarios.

1º aniversario

No que se refire a páxina do centro, nela publicarei os reportaxes das distintas actuacións ou acontecementos máis directos co C.R.C. Torroso; podemos seguir vendo, a nosa ezquerda, os 10 últimos reportaxes publicados e votar, a nosa ezquerda, nas votacións que se vaian publicando. Existen aínda erros casuais co explorador Internet Explorer, polo cal, senón vedes as estadísticas ou votacións, facede click enriba delas e darlle a "actualizar" e xa debería estar; amañanarse o antes posible.

Coa web da Turre's Band estou traballando nela, agora está na dirección http://turresband.webcindario.com ou na mesma de antes http://www.turresband.tk; polo momento pode non estar dispoñible ou rematada xa que vaise a editar unha nova web para esta banda (isto tardará un pouco máis, espero tela a mediados de Xullo). Advertir que POLO MOMENTO TERÁ O MESMO DISEÑO VISUAL QUE A DO CRCTORROSO!!! pero cambiará como ben dixen, pero é que estou SATURADO. Disculpade.

O FORO e o LIBRO DE VISITAS cambiaron o seu aspecto. No menú interactivo (superior dereita) podemos escoller calquera opción, RECOMENDO: permitir os arquivos que bloquea o explorador (os navegadores máis modernos) para poder usar o menú.

A opción de búsqueda da parte inferior dereita, por agora, só vale para as noticias que se publiquen no NOTICIEIRO; podes acceder a este pola dirección www.torroso.tk.

Informaros de que estase elaborando unha serie de páxinas que corresponden a opción AXUDA do menú interactivo, onde podedes resolver todalas dudas que poidan xurdir cos distintos apartados da web. Podedes deixar as vosas dudas no foro ou no apartado Mensaxes Web (dereita). Como dixen aínda non estará dispoñible ata, espero, dentro dunhas semás.

Para rematar recordaros que sen as vosas visitas e participacións non poderíamos chegar ata eiquí,quero, eu e os compañeiros que me apoiaron, darvolas gracias e animaros a colaborar con fotos, comentarios, noticias, etc.... Recordarvos que esta web é TOTALMENTE GRATUITA, non está subvencionada por NINGUNHA institución, tanto pública como privada, o seu desarrollo é totalmente altruísta e non se gasta nada no host (almacenamento en internet) o que lle temos que dar as gracias polos seus servizos ó equipo de hosting gratuito WWW.MIARROBA.COM . As redireccións de extensión .TK son gracias, tamén, a un servizo gratuito que podemos obter en WWW.DOT.TK e que corresponden ó fantástico país de TOKEAU, tamén o servizo que estou tomando (para certos arquivos) do directorio web de Talleres Juan Lorenzo S.L.

Dende eiquí, unha aperta moi forte, e esperemos que todolos trocos sexan de voso agrado; incluso o de goberno porque xa era hora de botalos. Un saúdo.

 

Un saúdo. O Webmaster

 

 

Publicado por Webmaster
7 xuño 2005
 

TURRE'S BAND : TITERES EN REDONDELA

Un ano máis o pobo pontevedrés de Redondela celebra o seu FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES, neste ano na súa 6ª edición.

[...]

TURRES BAND

[...]

Teredes máis información sobre este evento en: http://www.fantoches.org/

 

 

Un saúdo. O Webmaster

 


7 xuño 2005
 

CRCTORROSO: DIA DAS LETRAS GALEGAS 05

No bar-café o Liceum, en O Porriño, e co galo do aniversario do periódico partidista A Peneira[...]

Os invitados a ceremonia foron os grupos seguintes:

[...]

TURRES BAND

 

Como xa comentamos, o ambiente foi espléndido entre o que[...]

 

[...]

 


20 maio 2005

CRCTORROSO: DIA DAS LETRAS GALEGAS 05

O día 17 o CRC Torroso rendiu homenaxe dunha maneira moi especial a Xesús Lorenzo Varela Vázquez

LETRAS GALEGASAnte a xente da zona, veciños, compañeiros, amigos, ..., o CRC Torroso vestiu as súas mellores galas para non esquecer o espirito da nosa bela lingua.

A ceremonia foi acompañada pola actuación da banda especial de Torroso, a "Mini Banda", apelativo agarimoso co que se lle denomina a unha banda demusica formada por cativos ata os 17 anos. Todos eles iniciaronse na música dende moi pequenos, e nesta actuación volveron a demostrar que teñen moito que ofrecer e que tamén eles valen moito.

 

O público asistente quedou encantado coa actuación e aplaudiu efusivamente a súas diversas interpretacións, que recordaron a nosa cultura galega.

Dende o CRC Torroso queremos recordar a importancia da nosa lingua. Se cabe unha das máis melódicas e belas do planeta, máis antiga que calquera outra da península; chave de encontro entre lusos e galegos, compartimos cos curmáns portugueses unha cultura digna das mellores historias.

Non esquezas que Galiza nace nas túas veas, non destrozes a túa cultura, os que non defenden a súa lingua son verdadeiros ignorantes do que teñen, o castelán é unha lingua falta do cariño que ten o galego, de armonía e, sobre todo, de historia.

FOTOS DO ENCONTRO: GRUPO PANDERETEIRAS 1 -- GRUPO PANDERETEIRAS 2

FALA GALEGO - VIVE A TÚA CULTURA

 

Publicado por Webmaster
19 maio 2005

PANDERETEIRAS-GRUPO RUADA: ACTUACIÓNS

Durante o fin de semá do 14 ó 15 as Pandereteiras Sobreira e o Grupo Ruada actuaron [...]

 

PandereteirasMostraron, como sempre as súas mellore galas tamén, en [...]

 

 

NOTICIA EN CONSTRUCCIÓN. DISCULPEN AS MOLESTIAS

 

 

Publicado por Webmaster

7 xuño 2005

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2005: LORENZO VARELA

Facendo honra á nosa lingua e cultura, o país galego celebra, como tódolos anos, o seu día grande O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano o homenaxe será para o escritor lucense XEXÚS LORENZO VARELA VÁZQUEZ.

A información a continuación redactada foi extraída da páxina web oficial da "Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia", para ver o artigo completo diríxete o seguinte enlace: http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/letrasg/lorenzov.htm

" Xesús Lorenzo Varela Vázquez, fillo de emigrantes orixinarios de Lugo, naceu nun barco que entraba no porto da Habana un 10 de agosto de 1916. Ó pouco é traído a Lugo e participa xunto con Ramón Piñeiro na fundación da Federación de Mocidades Galeguistas, organización xuvenil vinculada ao Partido Galeguista. En 1934 marcha a Madrid a estudar Filosofía e Letras, contactando con outros escritores galegos, como Rafael Dieste e Otero Espasandín. Participa nas Misións Pedagóxicas, un proxecto de dinamización cultural dentro das reformas educativas da II República: créase un teatro de guiñol, fanse audicións musicais, proxeccións cinematográficas, exposicións,... Este labor interrómpese en 1936 polo comezo da guerra. Durante a Guerra Civil Durante a Guerra Civil realiza unha intensa actividade cultural ao servizo da causa republicana, destacando a súa colaboración coas revistas republicanas Hora de España e El Mono Azul. Participa nos volumes colectivos Poetas en la España leal (Valencia, 1937) e Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales (1938), con Antonio Machado, Rafael Alberti, Luis Cernuda e Pablo Neruda, entre outros. Perdida a guerra, marcha a México, fundando e codirixindo a revista Romance. Tamén colabora coa revista Taller. Publica o libro Elegías españolas (1940) con deseños do pintor Miguel Prieto, morto no exilio. En 1941 instálase en Bos Aires, entrando en contacto co círculo de exiliados galegos: Luís Seoane, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste. Publica Torres de Amor (1942) con ilustracións de Seoane. Cofunda a revista literaria De mar a mar e posteriormente xunto con Arturo Cuadrado e Luís Seoane crea e dirixe a revista quincenal Correo Literario, na que saca á luz sete poemas en castelán e moitos artigos sobre temas artísticos. O seu primeiro libro en galego é Catro poemas pra catro gravados (1944). Estes poemas acompañaban as xilografías de Seoane no álbum María Pita e tres retratos medievais. Este libro será reeditado en 1951, acrecentado coa partitura musical do madrileño Julian Bautista e cunha tradución ao inglés de William Shand. Posteriormente, en 1954, publica Lonxe, segundo libro de poemas en galego. Realiza unha abondosa actividade como xornalista: críticas de arte, colaboracións en prensa e radio, edita poemas en castelán para carpetas de Seoane, monografía, ensaios, ... Volta a Galiza no ano 1977 e afíncase en Madrid, onde morre en 1978. Os seus restos foron trasladados a Monterroso en 1981.

 

 

LORENZO VARELA

A POESÍA DE LORENZO VARELA

Varela forma parte da chamada Xeración do 36 da que forman parte, entre outros, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé MaDíaz Castro, Luís Seoane, Xosé María Castroviejo, Xosé María Álvarez Blazquez, etc. É a primeira xeración da posguerra, a dos universitarios da República que sofren a guerra cando comezan as súas actividades literarias e políticas. Lorenzo Varela é un símbolo das esquerdas, un dos emblemas da Galiza emigrada, sendo decisivo para o desenvolvemento da súa obra en galego o encontro cun grupo de intelectuais que asumiran a misión de preservaren a cultura en lingua galega. Por outro lado, o galego de Lorenzo Varela é un idioma culto, e ao mesmo tempo de gusto popular. É de destacar a evolución do seu modelo de lingua segundo o paso do tempo e o progreso seguido polo noso idioma, cousa que non sempre acontece entre os escritores do exilio.

 

TORRES DE AMOR

Libro de poemas en castelán que tivo problemas para a súa saída porque a editorial se negou a publicalo debido ás ideas comunistas do autor. A temática está centrada nas vivencias da Guerra Civil e na ausencia e saudade provocadas polo afastamento da Terra.

 

CATRO POEMAS PRA CATRO  GRAVADOS

O autor desenvolve unha temática histórica, combinando elementos míticos cos propiamente históricos, estando os protagonistas dotados de fortes valores positivos  En María Pita enxalza á  heroína na defensa da cidade de A Coruña contra o ataque da flota do navegante inglés Francis Drake, en 1589. A súa valentía obrigou ós invasores a reembarcar. María das Batallas é elevada a símbolo do combate pola liberdade.En María Balteira loa a esta famosa e bela soldadeira galega do século XIII, moi cantada polos trobadores nos Cancioneiros medievais nas súas cantigas, e simboliza para Lorenzo a loita contra a represión.O poema Rui Xordo rememora a este fidalgo galego que en 1431 encabezou a revolta antiseñorial contra Nuno Freire de Andrade, formando a chamada Irmandade. É a primeira Revolta Irmandiña. Foron derrotados no campo de batalla, pero 30 anos despois renacerá con máis forza o movemento irmandiño.

No cuarto poema, O Touro, descríbese un xuízo de Deus: o bispo Adaulfo debía demostrar a súa inocencia publicamente expoñéndose á furia dun touro, que se achegou mainamente a Adaulfo ata pór os cornos nas mans do bispo.

LONXE

É o grande libro da poesía galega no exilio e nel aparecen dúas liñas temáticas. Unha que ten como núcleo a ausencia da Terra, o Exilio e a emigración: a emigración como humillación e como penuria económica, o emigrado está inzado de saudade, pero é consciente da súa explotación como traballador.

Outra liña temática é a de enxalzamento dos heroes, dos guerrilleiros galegos dos anos 40, xunto con sentimentos de dor pola ausencia dos amigos mortos no campo de batalla ou a represión. Así, canta a Manuel Ponte, xefe da IV Agrupación de Guerrilleiros de Galiza, morto nun enfrontamento en 1947 e canta a Manuela Sánchez, muller morta por defender ós guerrilleiros. En "Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesiñados" lembra con dor e saudade ós amigos mortos na guerra ou durante a represión."

 

 

Publicado por Webmaster

9 maio 2005

C.R.C. TORROSO: VII CERTAME DE BANDAS

 

O C.R.C. TORROSO quere agradecer a magnífica colaboración do concello de Mos e a súa excelentísima alcalde pola colaboración e motivación neste acto xa que son os únicos colaboradores de este evento. Gracias.

 

O Domingo 8 de Maio o C.R.C. Torroso celebrous o VII CENTRAME DE BANDAS DE MÚSICA.

 

 

TORROSO

As bandas invitadas de este ano foron a Banda Escola de Música de Beade e a Banda de Música de Xinzo [...]

 

 

A lista de interpretacións foi a seguinte:

 

 


15 abril 2005
BANDA DE MUSICA : ZAMORA

 

Como moitos xa saberedes a páxina tivo problemas durante as últimas semás, non só iso, tamén o ordenador no que a administro estivo inactivo durante uns cantos días. A todos aqueles que esperaron a noticia e as fotos con ansiedade as miñas máis sinceras disculpas; pero recordade que para que este proxecto siga adiante necesito a vosa axuda, entrada na web, mensaxes no foro, noticias recomendadas, etc... . Agradezo a colaboración nesta noticia de tereflautik (Teresa Balado) polas súas fotos e os seus comentarios. BANDA DE MUSICA EN ZAMORA

 

"Co galo da Semana Santa,[...]

O importante da actuación foi gardala máxima compostura e respeto, así coma a perfecta sincronización entre a marcha e a [...]

O centro e os compoñentes da banda[...]

En definitiva, [...]

 


8 marzo 2005

UN ANO DESPOIS DA TRAXEDIA: 11-Marzo-04

 

Estamos preto da celebración do primeiro ano dos atentados do 11 de Marzo en Madrid e o C.R.C.TORROSO quere expresar o seu máximo sentir , novamente por esta terrible traxedia.

CRCTORROSOAquel día espertaba España conmovida polas bombas, que a primeira hora da mañá, estouparon nos ferrocarrís de hora punta.

Nenos e nenas, estudiantes, académicos, funcionarios, traballadores e traballadoras, ... ,que coma calquera outro día percorrían a distancia que separaba a súa casa do seu quefacer diario nun simple e normal tren, un tren que nunca chegou ó seu destiño.

Foron víctimas dunha noxenta política chea de agravios e intereses. Foron os españois, que sen estares no campo de batalla, morreron por España (sen sequera querelo); persoas do día a día, inocentes da avaricia dun goberno de "bigote" que non supo dar exempro de civismo. Os únicos enemigos foron aquel goberno, o cal con axuda de outros, atraveuse a invadir un territorio cheo de intereses soamente para matar a miles de inocentes cidadás iraquís. ¿ónde están as armas de destrucción masica? non o saben porque no existen, o único que saben é onde está o ouro negro. Vergoña debería de darlles por asasinar a todos aqueles iraquís e os pasaxeiros de aqueles trens.

Non deixemos que a política nos mate, non deixemos que decidan sen nós, non deixemos que nos mintan, nos insulten e nos ridiculicen. Non a ese partido asasino que quitou a esperanza dun país mellor a milleiros de cidadás.

NON Ó TERRORISMO E NON A GUERRA.

* NINGUNHA GUERRA ESTÁ XUSTIFICADA, NINGUNHA

GARDEMOS TODOS UN MINUTO DE SILENCIO NOS NOSOS CORAZÓNS POR TODOS OS AFECTADOS. GRACIAS

 

 

Publicado por Primo de Rivera" (HISTORIADOR POLITICO DA ZONA DE PONTEVEDRA) |

25 febreiro 2005

CRCTORROSO : FARO DE VIGO

 

O diario Faro de Vigo publica hoxe, 26 de febreiro, un reportaxe nas súas páxinas sobre o Centro Recreativo e Cultural de Torroso.

No suplemento especial que publica cada sábado o diario Faro de Vigo, deixa constancia dun reportaxe sobre este centro salientando os seguintes puntos:

 

CRCTORROSO

* Resaltan a existencia deste centro e a formación dos máis xoves no arte da cultura musical. A escola de música e o centro da noticia acordandose das axudas que esta recibiu para facilitar a educación gratuita por parte do Excelentísimo Concello de MOS ( BNG e PSOE), a deputación de Pontevedra e os comuneiros de montes da parroquia.

* Noutro punto a noticia encamiñase hacia o mestre Gustavo Adolfo Barcia, recordandonos a vinculación deste coa "Turre's Band" e a existencia dunha banda de membros con idades entre 7 e 14 anos, a cal chamamos "Mini Banda".

* Por último, cabe destacar a mención das distintas actuacións as cales prevese asistir coa Banda Xuvenil de Música como son: o concurso de bandas de Mos ( 8 maio) e o Certame de Arganda del Rey en Madrid.

No reportaxe aparecen fotos cedidas polo C.R.C. Torroso nas que plasmase a banda xuvenil de música, a aula do centro cun cantos alumnos e a fotografía de Camilo Grandal acompañado de Gustavo Adolfo Barcia.

Salientar o gran logro por parte do Faro de Vigo en non haber cometido ningunha falta grave ou leve na información, algo moi habitual neste periódico o cal lle quita credibilidade. Lamentamos que non se fixeran eco da nosa web www.crctorroso.tk.

 

Publicado por Webmaster |