A SÚA HISTORIA
Naceu en O Porriño fai 22 anos. Chamado dende pequeno polas "Belas Artes" deu sempre a súas mans para intentar expresar o que garda no seu sentir.
Cursou os seus estudios de E.X.B. no C.P. Antonio Palacios (O Porriño), seguindo coa E.S.O. e Bacharelato tecnolóxico no I.E.S. Ribeira do Louro. Chegada esta época abandonou a música para encararse coa ENXEÑERÍA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS DE MINAS da que actualmente é estudante.
Apaixoado pola música cultivou o seu saber neste arte durante anos e cuns coñecementos medios-altos.Non só coñeceu o piano e supo traballalo, senón que tamén viuse intrigado polos conceptos máis modernos, entre os cales especializouse en edición e mezcla, cuns resultados Sobresaíntes viuse obrigado a escoller os estudios que debería seguir deixando temporalmente os de música.
Tamén amante da informática formouse nos conceptos xerais, en programación HTML(alto)-XML(alto)-XHTML(alto)-VRML(alto)-OPENGL(medio-alto)-VISUALBASIC(baixo)-C/++(medio-alto), en composición musical, e en sistemas operativos Windows-Linux.
Sabe defenderse ben coas manualidades, unha das cousas que lle marcou dende pequeno e interesalle moito a súas raíces, o pobo galego e a súa cultura.
OBXETIVOS
"As metas son craras pero cambiantes". Moitas veces o camiño que se percorre está cheo de imprevistos ós cales hai que facerlle fronte, pero sempre se espera chegar ó lugar sinalado.
Sen dúbida, o máis próximo, en obxectivo, é o remate da súa enxeñería na que os esforzos levaronno a chegar a ser o 7º mellor calificado entre 737 persoas no primeiro ano.
Tamén desexou nos seus comezos demostrar ós semellantes a súa música pero agora xa se viu conformado cos dous anos nos que deleitou, ou iso intentou, a súa parroquia sendo o organista da igrexa. Tempada na que ademáis de ser organista formou a un grupo duns 12 nenos no canto e no aprendizaxe (moi superficial) da música para chegar a formar un pequeno coro que na medida do posible intentou amenizalas ceremonias da igrexa.
GUSTOS E AFICIÓNS
Apaixoado pola música, a poesía e a informática pero tamén disfruta co medio ambiente, o deporte e o cine. Dende pequeno amosou unha gran entusiasmo pola lectura; sobre todo a poesía de todo tipo, xa sexa das cantigas de amigo ou amor da idade media ata a calquera outra da actualidade; é un entusiasta na poesía de G.Adolfo Bécquer (o seu máximo expoñente), pero tamén atopa un lugar para toda aquela poesía galega.
Defensor dos Dereitos Humáns por riba de todo, é un loitador no benestar dos seus.
Encántalle axudar e sempre que pode colabora no voluntariado local. Leva varios anos colaborado na celebración de xogos para os discapacitados.
A música é un dos camiños importantes para él, polo cal adica moito tempo a encararse frente as súas propias creacións, tanto poéticas como melódicas. Aínda así o único que non lle provoca vergoña dar a escoitar son os temas de orixen techno-disco-trance, polo contrario as súas composicións máis románticas gardaas só para el.
|