Dende os seu comezos, Mos foi chamado a ser un auténtico tesouro arqueolóxico dado a súa disposición.
Na época castrexa (principal iniciativa de comezo de civilización) estes habitantes tan particulares da Galiza, fixeron deste lugar un asentamento tipico da súa cultura, era a marca dunha nova forma de vivir, o "sedentarismo". Na provincia de Pontevedra podemos observar numerosos paraxes castrexos, e en Mos non ía a ser menos. Pendurados no tempo estes poboados aclamaron esta terra, non só polo seu cobixo senón tamén polas tan gratas terras, excelentes para a colleita.
Localizados estes castros en principais puntos do pobo, en moitos casos a etimoloxía do nome do lugar fan reinvindicar a súa presencia. En contra tense que o deterioro e o pouco coidado destas zonas por parte de poderes administrativos anteriores deu lugar a unha verdadeira destrucción destes privilexios da historia, almacenando así uns cantos rastros destes poboados nos sitios máis descuidados.
CASTROS

CASTRO PATRÓN EN SANTA TEGRA (A GUARDIA) |

VARIOS OBXETOS DE BRONCE |
Os castros son antigos poblados fortificados do noroeste da península Ibérica. Na zona norte de Portugal, en Galicia e ata ó Navia, no occidente de Asturias é ónde estes poblados tiveron o seu mayor apoxeo.
O sustrato, ou asentamento base, de estes asentamentos (TORROSO – MOS) remontase ó bronce final (derradeiro periodo da idade do bronce), aínda que o apoxeo castreño ven a sitiarse na xa avanzada idade do ferro, cando prácticamente todolos poblados (Sabroso, Santa Trega) protexíanse tras fosos e murallas concéntricas mellornado as súas, xa de por si, boas condicións defensivas. Polo seu interior distribúense, sen gran orde, as vivendas, circulares, a mayoría das veces de pedra en seco e as veces con vestíbulo, así como algúns edificios singulares, alargados e con conduccións de auga, que deberon cumplir a función de saunas (Briteiros, Santa Mariña, Coaña) e que quedaban adornados cunhas grandes lousas labradas en forma de fachada de casa, as pedras formosas. Outras manifestacións escultóricas típicas son os célebres guerreiros, de pedra e esculpidos en bulto redondo, que mostran unha actitude de parada militar exhibindo tanto o seu armamento, espada corta, escudo pequeño circular, como os seus adornos personais, torques e brazaletes, e certas representacións zoomorfas, os verracos, que, a diferencia dos da área vettona, exentos, servían como adorno das casas empotrados nas súas paredes. A cerámica, pse ó pintoresco dalgunhas das súas decoracións (estampados de patos e círculos, sogueados incisos), constitúe unha das manifestacións menos brillantes dos artesanos galaicos, aínda descoñecedores do torno. Polo contrario, no tragallo do oro alcanzáronse cotas excepcionais ben visibles en torques (Burela), arracadas, diademas (Ribadeo) e lúnulas. A conquista romana, producida no momento de gran esplendor económico, demográfico e cultural do mundo castreño, lexos de doblegalo, provocou simplemente a súa transformación, dando lugar a unha sincrética cultura galaico-romana de moi lento declive.
|